Páginas

25 marzo 2014

Preinscripción Campamento Chispas 2014

   Este próximo verán terá lugar o Campamento de Chispas dos Grupos Barat de toda España en Santa Mª de Huerta do 4 ó 10 de xullo.

O prezo común a tódolos colexios é de 215 € (no que están incluídos o viaxe, a estancia, comidas, piscina, etc) , pero cada centro pode recadar fondos para que este prezo sexa menor para cada neno/a.
Nós tentaremos recadar fondos coa venda de pulseiras e outras manualidades no Día da Familia para conseguir baixar esta cantidade ata 150 € máis ou menos por neno/a.
Para facilitar o pago do campamento ofrecémosvos a posibilidade de anotarvos por medio da seguinte solicitude e ir pagando aos poucos o prezo do campamento (20€ cada mes) e que así o prezo final sexa máis levadeiro.
 A finales de curso teremos unha reunión coas familias dos nenos/as que vaian. Se tedes calquera pregunta non dubidedes en consultarnos.
Un cordial saúdo.

Grupos Barat.

No hay comentarios:

Publicar un comentario